A Semana Cultural do cole estivo chea de actividades STEAM. Agora contámosvos como foi o taller de escultura. Nestoutro taller empregamos unha substancia pulverizada denominada alginato de sodio para realizar os moldes das mans do alumnado en diferentes posicións. Esta substancia, similar á que empregan os odontólogos para realizar os moldes de dentaduras, permite construír de xeito rápido e sinxelo uns moldes con gran precisión e exactitude de calquera parte do corpo, podendo observar incluso as pegadas dactilares. Porén, hai que facer a preparación con auga bastante rápido, pois seca enseguida e se non está ben mesturado xa queda inservible. Logo, para encher os diversos moldes, preparamos un pouco xeso. Esta parte tamén é complexa, pois hai que ter bastante práctica para que ao mesturalo con auga non nos quede cunha consistencia nin moi sólida nin moi líquida e nos permita cubrir todos os ocos do molde sen que queden burbullas de aire atrapadas. Con todos os atrancos descri...