COCIÑA MOLECULAR

Durante a Semana Cultural do CPI As Revoltas, o alumnado de ESO gozou dun taller de COCIÑA MOLECULAR!

Neste taller  realizamos esferificacións con alimentos líquidos ou semisólidos. Para isto, foi preciso mesturar o alimento en cuestión (no noso caso probamos con iogur, leite, zume e chocolate para beber) cunha substancia xelatinosa  de orixe vexetal denominada agar-agar. Unha vez feita a mestura tivemos que levala a ebulición durante 1 minuto. Tras este tempo, enchemos unhas xiringas pequenas coa mestura e deixamos caer pequenas gotas nun vaso alto e estreito que contiña aceite de xirasol moi frío (estivera toda a noite no conxelador e logo en contacto con xeo). O contraste de temperaturas era preciso para que se formasen as esferas ou bóliñas de cada alimento, conferíndolles unha textura xelatinosa por fóra e por dentro co sabor e textura propios de cada substancia. Por último, ditas bólas había que coalas e pasalas por un baño de auga para eliminar restos de aceite. Todas estas operacións era preciso realizalas con bastante tino e suavidade  para non romper as esferas, pois son moi fráxiles.

Tamén se lle podían engadir colorantes alimentarios para facer perlas con cores máis chamativas.

Esta técnica, aínda que máis depurada, emprégana na cociña de expertos do nivel de Ferrán Adriá, entre outros.







Comentarios

Entradas populares de este blog

CONVIVENCIA E ANGEL CARRACEDO

APAGUEMOS O LUME!

SUPERCONDUTIVIDADE