Entradas

Mostrando entradas de junio, 2018

CONVIVENCIA E ANGEL CARRACEDO

Imagen
O club de ciencias tivo unha xornada única espectacular.  O 15 de xuño tivemos unha xonada final de divulgación científica en convivencia no auditorio de Cabana, na que participaron os tres Clubs de Ciencia da zona: IES Urbáno Lugría de Malpica de Bergantiños, IES Eduardo Pondal de Ponteceso e o CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños na que tivemos como convidado honorífico ao Doutor Anxo Carracedo. Nesta xornada, cada un dos clubes fixo unha mostra do traballo realizado durante o curso. En concreto, o club de Cabana mostrou os hologramas e agasallou a cada centro con un dos proxectores feito polo alumnado. Asemade, o Doutor Carracedo deunos unha conferencia sobre: Que é ser científico?  Esta xornada rematou no paseo de Cabana de Bergantiños no que o alumnado do IES de Ponteceso compartiu connosco a práctica da aplicación que deseñaron: Aves do Esteiro do Anllóns. O alumnado de primeiro de primaria fixo unha present

ENTREGA DE DIPLOMAS

Imagen
O club de Ciencias da Revoltas chega á súa fin durante este curso 2017/2018. O balance é moi positivo tanto polo feedback do alumnado como por parte das impresións do profesorado. Para mostra, estas fotos da entrega de diplomas pola participación neste gran Club!

CONSTRUIMOS UNHA BOTELLA MÁXICA

Imagen
Con esta práctica o  alumnado comprendiu a importancia da presenza de osíxeno como un oxidante importante nas reaccións químicas. Así viu o cambio de cor que sofre unha disolución ao axitala favorecendo a introdución de osíxeno na mesma. Esta é a descripción da actividade: Aquí está a práctica que empregaron os alumnos e alumnas: Así experimentaron mentras creaban a súas botellas máxicas:

XOGANDO A DETECTIVES

Imagen
A palabra dermatoglifo está composta etimoloxicamente por dermato (pel) e glifos (debuxos), significa debuxos na pel.  As pegadas dactilares son os sucos ou liñas que existen nas xemas dos dedos. Estas liñas posúen deseños únicos en cada persoa e polo tanto empréganse como un método de identificación. Os dedos nunca posúen pegadas similares, nin siquera entre xemelgos ou entre dedos da mesma persoa. A técnica dos dermatoglifos úsase en criminoloxía e tamén en medicina para diagnosticar enfermidades de orixe xenética. A ciencia que estuda as pegadas dactilares chámase dactiloscopia.  O propósito desta experiencia é principalmente que o alumnado aprecie a variación xenética humana mediante a determinación dos diferentes tipos de pegadas dactilares dos compañeiros e compañeiras do grupo.  Esta característica particular de cada individuo brindou grandes oportunidades no eido da medicina e sobre todo en criminoloxía, disciplina coa que os alumnos tomarán contacto mediante a obtención e