Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2019

SUPERCONDUTIVIDADE

Imagen
Durante as Xornadas Culturais do CPI As Revoltas 2019 , contamos cun convidado especial, Jesús Mosquera, profesor de Física da Universidade de Santiago, para darnos unha charla sobre o fenómeno de supercondutividade que experimentan algúns compostos baixo unhas condicións específicas de presión e temperatura. Ademais, realizou unha experiencia práctica cun tren de levitación magnética, para o cal foi preciso o uso de nitróxeno líquido como refrixerante.

PRACTICANDO COS ROBOTS RANGER

Imagen
Aproveitando que o alumnado de 1º ESO do noso centro foi seleccionado para participaren na segunda Semana STEM, un campamento de innovación educativa na que ampliaron os seus coñecementos científico-tecnolóxicos e, concretamente, sobre contidos de robótica (ampliando os que xa tiñan do ano anterior, ao cursaren a materia de Robótica en 6º de Educación Primaria), preparáronse durante unhas cantas sesións para instruiren a compañeiros do resto de niveis educativos da ESO nun taller de robótica durante as Xornadas Culturais. Deste xeito, empregaron os robots Ranger nas súas diferentes modalidades para aprender a programar con Scratch e tamén contribuír ao PDI da música , pois algunhas das actividades a programar consistiron en facer soar unha melodía, partindo dunha partitura sobre a que traballaron con axuda do profesor de Música. O alumnado da ESO participante como instrutor/a era, maioritariamente, participante tamén do Club de Ciencias.

O NOSO FILLO/A Á NOSA IDADE

Imagen
Durante un taller de xenética desenvolvido durante as Xornadas Culturais 2019 do CPI As Revoltas, o alumnado de 3º ESO coa axuda dos seus homólogos de 4º ESO, puideron comprender o porqué, segundo os xens que transmitan os pais e nais, de ter o pelo máis esuro ou máis claro, ter a cara máis alongada ou máis redondeada, ter a pel máis escura ou menos, etc., comprendendo así a herdanza dos caracteres faciais. Para o anterior, tiveron que recortar os 23 pares de  cromosomas que se mostran na seguinte imaxe para cada persoa. Deseguido, dobráronos pola metade e, cada parella, meteu os seus cromosomas (elixindo os cromosomas sexuais segundo correspondese a cada parte da parella) nun sobre (co fin de mesturalos e simular o azar). Unha vez revoltos dentro do sobre, tiveron que deixalos caer sobre as mesas, de xeito que as caras dos cromosomas que quedasen boca arriba pasarían a conter a información alélica que portarían os gametos. Despois, tocou organizar e emparellar os cromosomas, d

COCIÑA MOLECULAR: ESPAGUETIS

Imagen
Durante as Xornadas Culturais do CPI As Revoltas do curso 18/19, o alumnado da ESO gozou dun taller de COCIÑA MOLECULAR similar ao realizado o ano anterior, mais desta volta, non só realizaron esferificacións senón que tamén prepararon espaguetis. Nesta edición, empregaron batido de chocolate e iogur de beber como alimentos de partida. Logo, mesturáronos con agar-agar esperando a que fervese dita mestura (revolvendo continuamente para evitar que se pegase ao vaso). Deseguido, con axuda dunha xeringa pequena encheron pequenas tuberías estreitas de silicona e deixaron que arrefriasen no interior dun recipiente con auga e xeo por un tempo de tres minutos. Por último, expulsaron os espaguetis xelatinosos tamén con axuda das xeringas (agora cargadas soamente de aire).