Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2018

A MAXIA DAS CORES

Imagen
A MAXIA DAS CORES Neste curso, quixemos comezar o Club de Ciencias experimentando coas cores e a vexetación. Por unha banda fixemos diferentes cromatografías, e por outra banda empregamos diferentes tinguiduras para comprender a alimentación das plantas . A cromatografía é unha técnica que se emprega para separar os distintos compoñentes dunha mestura homoxénea por un soporte ou por un disolvente, nós neste caso imos empregar un disolvente. A cromatografía é unha técnica de análise moi empregada en todo tipo de laboratorios, como por exemplo, nos test antidopaxe que se lle fan aos deportistas. Nós fixemos unha CROMATOGRAFÍA DA TINTA, para coñecer os diferentes compoñentes da mesma, con diferentes rotuladores e diferentes cores. Para realizar este experimento empregamos: ✔   Rotuladores (non permanentes) e tesoiras ✔   Auga ✔   Sal ✔   Papel de filtro ✔   Recipiente Nunha cunca disolvemos auga con sal, aproximadamente un centímetro de altura do líq