A MAXIA DAS CORES
A MAXIA
DAS CORES
Neste curso, quixemos comezar
o Club de Ciencias experimentando coas cores e a vexetación. Por unha banda
fixemos diferentes cromatografías, e por outra banda empregamos
diferentes tinguiduras para comprender a alimentación das plantas.
A cromatografía é unha
técnica que se emprega para separar os distintos compoñentes dunha mestura
homoxénea por un soporte ou por un disolvente, nós neste caso imos empregar un
disolvente.
A cromatografía é unha
técnica de análise moi empregada en todo tipo de laboratorios, como por
exemplo, nos test antidopaxe que se lle fan aos deportistas.
Nós fixemos unha
CROMATOGRAFÍA DA TINTA, para coñecer os diferentes compoñentes da mesma, con
diferentes rotuladores e diferentes cores.
Para realizar este experimento
empregamos:
✔ Rotuladores (non permanentes) e tesoiras
✔ Auga
✔ Sal
✔ Papel de filtro
✔ Recipiente
Nunha cunca disolvemos auga con sal, aproximadamente un centímetro
de altura do líquido. Cortamos unha tira de papel de filtro e un
cadrado/círculo, que faga de tapa ao recipiente. A tira de papel longa e
aproximadamente dun centímetro de grosor
No anaco cadrado, no centro,
facemos un pequeno furado e arredor pintamos un círculo co rotulador; coa tira
facemos un canutillo, onde un extremo está en contacto coa auga e outro en
contacto coa tinta.
Tamén empregamos as cores para tinguir VEXETAIS E PLANTAS e comprender así o
proceso polo cal os vexetais absorben auga e os nutrientes da terra a través
das raíces.
Os materiais empregados
foron:
✔ Vexetais (apio neste caso) e caraveis brancos
✔ Colorante alimenticio
✔ Auga
✔ Bote/vaso/botella
Nunha botella botamos un pouco
de auga, aproximadamente 4 dedos de altura.
Mesturamos cunhas gotiñas de
colorante alimenticio.
Introducimos nesa mestura a
raíz da planta
E así foi como nos quedaron:
Comentarios
Publicar un comentario