Entradas

Mostrando entradas de enero, 2018

E TI, A QUE PISO VAS?

Imagen
Esta foi a primeira actividade do alumnado da ESO.  Con ela comprenderon dun xeito moi visual e colorido o concepto de DENSIDADE dunha sustancia construindo unha columna con capas de diversas cores e características.  Tamén comentaron a importancia da diferenza de densidades entre sustancias en casos reais como nos vertidos accidentais de fuel no mar. Grazas a esta práctica asimilaron o concepto de densidade e aprenderon ou repasaron o seu cálculo. Tamén coñeceron a técnica de separación de substancias inmiscibles, é dicir, a decantación. Así foi a actividade:  Tamén crearon un tríptico sobre o experimento para facer difusión do seu traballo:  Aquí unhas fotografías que recollen o proceso da práctica:

MENSAXE DA OMS

Imagen
O Club de Ciencias das Revoltas foi seleccionado pola Organización Mundial da Saúde para buscar e atopar unha mellora para a humanidade. É sabido por todos que a sociedade está cambiando, a tecnoloxía é dona do noso día a día e, a pesares de que hai enfermidades que se erradican, outras están máis en auxe ca nunca. Hoxe comeza unha misión para todos os alumnos implicados no Club de ciencias das Revoltas, buscar e topar unha mellora para a humanidade.  Nas vosas mans está pensar, deseñar e poñer en marcha esa mellora.  Día a día, no Club, as mestras e o mestre iranvos amosando diferentes métodos, materiais e ideas que aprenderedes e dominaredes. Por cada reto que vos propoñan e superedes gañaredes unha medalla que recoñecerá o voso esforzo. De conseguir a meirande parte das medallas obteredes o certificado do Club de Ciencias das Revoltas. ADIANTE RAPACES E RAPAZAS!