Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2018

PRINCIPIO DE ARQUÍMIDES

Imagen
Quixemos comprobar o principio de Arquímides! Coñecemos a lenda do rei Midas e comprobamos a diferente flotabilidade dun mesmo corpo segundo a variación da densidade do medio. O alumnado de Secundaria experimentou así:

VOLCÁNS

Imagen
Sabías que o volcán Krakatoa (en Indonesia) estivo en erupción máis de catro meses en 1883. A última erupción fixo anacos a isla; foi a máis grande, con unha forza 10.000 veces superior a unha bomba atómica...  O ruído púidose escoitar a máis de 4000 km. Fonte: http://www.efemeridespedrobeltran.com/es/eventos/agosto/krakatoa.-hoy-27-de-agosto-de-1883-tiene-lugar-la-explosion-del-volcan-krakatoa-1

SÓLIDO OU LÍQUIDO?

Imagen
Que pasa se mezclo auga con fariña de millo ou maicena? Vexamos... Que necesitamos? Auga Fariña de millo ou maicena Un recipiente Unha culler Vamos por pasos: Vertemos un pouco de auga no recipiente Introducimos pouco a pouco a maicena mentras remexemos coa culler ate que nos resulte difícil mover a culler. É o momento de comezar a xogar! Fai estas probas: Introduce con coidado un dedo na mezcla e fundiráseche como se o fixeses nun vaso de auga. Dalle agora co puño pechado e algo de forza... Converteuse nunha pasta dura! Colle algo de mezcla na man e frota tentando facer unha bola... A masa semella plastilina! Deixa de frotala e... volve ao seu estado líquido! SORPRENDENTE! POR QUE ACONTECE ISTO? Ao mezclar a auga coa fariña (almidón) de millo, conseguimos un fluido NON NEWTONIANO, que cambia de consistencia e viscosidade dependendo da presión que se exerza sobre él.  Unha curiosidade : investígase con este tipo de fluidos para