Entradas

Mostrando entradas de abril, 2019

APAGUEMOS O LUME!

Imagen
   Esta sesión do Club xurdíronnos dúbidas de química, e... mans a obra para respondelas! As preguntas que nos formulamos foron: Como podemos apagar o lume? Sen osíxeno hai combustión?    No referente a segunda pregunta, pois non. A combustión ao igual ca nós precisa de osíxeno do aire, polo tanto, se tapamos unha candea cun vaso, esta consome o osíxeno e apágase. Ademais no noso experimento colocamos a candea sobre un prato con auga, e que sucedeu? Que a auga subiu, porque ao consumirse o osíxeno a presión atmosférica do exterior, que é maior ca do interior, empurra a auga cara dentro do vaso.       Para responder á segunda pregunta, como apagar o lume, elaboramos o noso propio extintor. Onde empregamos : Bicarbonato sódico colocado nun pano de papel Plastilina Un canutillo para beber Unha botella de auga de litro e medio Vinagre Un pouco de fio de coser    Procedemento :    Poñer 4 cullaradas pequenas de bicarbonato no pano, pechalo e amarralo co fí

CALIDOSCOPIO

Imagen
No mes de marzo, fixemos un calidoscopio. Este funciona a través dun tubo con espellos no interior; nun dos extremos colócanse contas de cores e cristal, e na base extrema cuberta deixando soamente un pequeno visor.  Ó m irar a contraluz polo visor, hai un bonito efecto óptico, onde se reflexa infinitamente, nos espellos, o que se está vendo, dando lugar a formas e cores divertidas. Realmente, o que observamos é unha proxección ilusoria multicor, xerada a partir da reflexión da luz e o movemento do obxecto. O material do noso calidoscopio foi adaptado para nenos, non empregamos espellos nin cristais, este foi substituído por outro material, pero obtivemos un experimento de física, un xoguete e a experiencia de xogar coa luz e cores. O material empregado para facelo foi: Tubo de cartón Plástico Papel vexetal Contas de cores Procedemento:  Tapamos un extremo do tubo con cartolina, cun pequeno furado no centro, para ver o interior (o visor) Fixemos un prisma triang

A REPOBOACIÓN DO CAMPO DO BRIÑO

Imagen
Como ben lembraredes, polo mes de Novembro, dende o Club de Ciencias sementamos algunhas árbores autóctonas, especialmente castiñeiros, piñeiros, carballos e nogais. Como era un experimento de ciencias unhas sementes ían con esterco, outras con abono artificial e outras sen nada. A continuación deixámosvos a estatística do noso experimento, e nós o que sacamos en conclusión é, tal e como dixo un cativo: " A natureza ten o seu propio ritmo, polo tanto debémola respectar" Gael, 2ºEP                                          Pois chegada a primavera tivemos que transplatar as sementes xerminadas, e grazas a colaboración do concello, que nos cedeu un espazo, o Campo do Briño, e a man de obra, fomos repoboar. Ademais dunha bonita e divertida xornada, os nenos e nenas do CPI As Revoltas, aprenderon diferentes valores, como coidar e respectar a natureza, traballar en equipo, coñecer os coidados dunha árbore entre outros.  E quen sabe, quizais nun futuro poid