A REPOBOACIÓN DO CAMPO DO BRIÑO

Como ben lembraredes, polo mes de Novembro, dende o Club de Ciencias sementamos algunhas árbores autóctonas, especialmente castiñeiros, piñeiros, carballos e nogais. Como era un experimento de ciencias unhas sementes ían con esterco, outras con abono artificial e outras sen nada. A continuación deixámosvos a estatística do noso experimento, e nós o que sacamos en conclusión é, tal e como dixo un cativo: " A natureza ten o seu propio ritmo, polo tanto debémola respectar" Gael, 2ºEP

                                        







Pois chegada a primavera tivemos que transplatar as sementes xerminadas, e grazas a colaboración do concello, que nos cedeu un espazo, o Campo do Briño, e a man de obra, fomos repoboar. Ademais dunha bonita e divertida xornada, os nenos e nenas do CPI As Revoltas, aprenderon diferentes valores, como coidar e respectar a natureza, traballar en equipo, coñecer os coidados dunha árbore entre outros. 
E quen sabe, quizais nun futuro poidamos merendar baixo a sombra dos castiñeiros que estes nenos e nenas axudaron a medrar.


























Comentarios

Entradas populares de este blog

CONVIVENCIA E ANGEL CARRACEDO

APAGUEMOS O LUME!

SUPERCONDUTIVIDADE