ACIDIFICACIÓN DE MARES E OCÉANOS
Nesta ocasión, o alumnado de secundaria experimentou as consecuencias negativas da proliferación de gases contaminantes coma o caso do CO2 para a fauna mariña. Así, seguiron o seguinte guión de prácticas para comprobar como varía o pH da auga ao disolverse nela dito gas. Como ocorre en numerosas ocasións dentro dun laboratorio, tiveron que buscar unha opción alternativa para desenvolver o experimento, pois do xeito inicial, tal e como lles describía o guión, non lles saía moi ben, ao escaparlles bastante gas pola fendedura saínte do vaso de precipitados. Así, foron quen de deseñar un método similar empregando globos e celo para evitar ao máximo ditas perdas gaseosas.
ACIDIFICACIÓN DE MARES E OCÉANOS
Reactivos
-
Auga
-
Vinagre
(ácido acético, CH3COOH)
-
Bicarbonato
(NaHCO3)
-
Indicador
de pH (azul de bromotimol)
Materiais
-
Un
vaso de plástico pequeno.
-
Un
vaso de precipitados de tamaño maior ao anterior.
-
Un
vidro de reloxo.
Procedemento:
1. Verter auga no
vaso de precipitados e engadir unhas gotas do indicador de pH. Que color
adquire a auga?
2. Agora introduce o
vaso pequeno dentro do grande e pégao na parede cun pouco celo sen que entre en
contacto coa auga interior. Nel, deposita unha cullerada pequena de bicarbonato
e outra de vinagre. Que ocorre?
3. Tapa
inmediatamente ambos vasos co vidro de reloxo para evitar que escape o gas que
se forma.
4. Espera uns minutos
e observa a cor da auga.
Conclusións:
Que gas obtivemos? .........................
Onde máis se produce dito gas?
............................................
Que consecuencias negativas pode ter para a fauna
mariña?
.......................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario