APAGUEMOS O LUME!
   Esta sesión do Club xurdíronnos dúbidas de química, e... mans a obra para respondelas! As preguntas que nos formulamos foron: Como podemos apagar o lume? Sen osíxeno hai combustión?
   No referente a segunda pregunta, pois non. A combustión ao igual ca nós precisa de osíxeno do aire, polo tanto, se tapamos unha candea cun vaso, esta consome o osíxeno e apágase. Ademais no noso experimento colocamos a candea sobre un prato con auga, e que sucedeu? Que a auga subiu, porque ao consumirse o osíxeno a presión atmosférica do exterior, que é maior ca do interior, empurra a auga cara dentro do vaso.
  
   Para responder á segunda pregunta, como apagar o lume, elaboramos o noso propio extintor. Onde empregamos:
- Bicarbonato sódico colocado nun pano de papel
 - Plastilina
 - Un canutillo para beber
 - Unha botella de auga de litro e medio
 - Vinagre
 - Un pouco de fio de coser
 
Procedemento:
Poñer 4 cullaradas pequenas de bicarbonato no pano, pechalo e amarralo co fío, facendo un saquiño.
Introducir o vinagre no interior da botella, aproximadamente 3 dedos, 5 cullaradas. Pecgar e amarrar co fío.
Introducir o saquiño no interior da botella, quedando suspendido na mesma, e con coidado de que non toque o vinagre, pois fará reacción.
Nun furadiño da tapa da botella, feito previamente, introducimos o canutillo, e selamos ao arredor coa plastilina.
Funcionamento:
Axitar a botella, tapando co dedo o canutillo, para misturar o bicarbonato co vinagre (sen destapar o canutillo).
Quitar o dedo e proxectar o gas que sae da botella sobre unha candea prendida.
   Que sucede? A reacción química entre o bicarbonato (unha base) e o vinagre (ácido débil) forma dióxido de carbono, que enche a botella. Como é máis pesado có aire, ao enfrentala a candea expulsa o osíxeno. Lembremos, sen osíxeno a chama apágase.













Comentarios
Publicar un comentario