CALIDOSCOPIO

No mes de marzo, fixemos un calidoscopio. Este funciona a través dun tubo con espellos no interior; nun dos extremos colócanse contas de cores e cristal, e na base extrema cuberta deixando soamente un pequeno visor. Ó mirar a contraluz polo visor, hai un bonito efecto óptico, onde se reflexa infinitamente, nos espellos, o que se está vendo, dando lugar a formas e cores divertidas.

Realmente, o que observamos é unha proxección ilusoria multicor, xerada a partir da reflexión da luz e o movemento do obxecto.

O material do noso calidoscopio foi adaptado para nenos, non empregamos espellos nin cristais, este foi substituído por outro material, pero obtivemos un experimento de física, un xoguete e a experiencia de xogar coa luz e cores.

O material empregado para facelo foi:
  • Tubo de cartón
  • Plástico
  • Papel vexetal
  • Contas de cores
Procedemento: 
  1. Tapamos un extremo do tubo con cartolina, cun pequeno furado no centro, para ver o interior (o visor)
  2. Fixemos un prisma triangular, co plástico groso, tan longo como o tubo e introducimolo no interior.
  3. No outro extremo do tubo, colocamos papel film, onde colocamos as contas de cores, e tapámolas con papel vexetal, para que quedasen suxeitas.

Foi un traballo laborioso, porque require de boa motricidade fina, exactitude nas medidas...  pero co traballo colaborativo obtívose un bo resultado!






























Comentarios

Entradas populares de este blog

APAGUEMOS O LUME!

CONVIVENCIA E ANGEL CARRACEDO

SUPERCONDUTIVIDADE