SÓLIDO OU LÍQUIDO?
Que pasa se mezclo auga con fariña de millo ou maicena? Vexamos...
Que necesitamos?
- Auga
- Fariña de millo ou maicena
- Un recipiente
- Unha culler
Vamos por pasos:
- Vertemos un pouco de auga no recipiente
- Introducimos pouco a pouco a maicena mentras remexemos coa culler ate que nos resulte difícil mover a culler.
É o momento de comezar a xogar!
Fai estas probas:
- Introduce con coidado un dedo na mezcla e fundiráseche como se o fixeses nun vaso de auga. Dalle agora co puño pechado e algo de forza... Converteuse nunha pasta dura!
- Colle algo de mezcla na man e frota tentando facer unha bola... A masa semella plastilina! Deixa de frotala e... volve ao seu estado líquido!
SORPRENDENTE!
POR QUE ACONTECE ISTO?
Ao mezclar a auga coa fariña (almidón) de millo, conseguimos un fluido NON NEWTONIANO, que cambia de consistencia e viscosidade dependendo da presión que se exerza sobre él.
Unha curiosidade: investígase con este tipo de fluidos para facer chalecos antibalas e outros texidos ou obxectos de seguridade que absorban impactos.
Unhas fotos do experimento:
Comentarios
Publicar un comentario