MENSAXE DA OMS

O Club de Ciencias das Revoltas foi seleccionado pola Organización Mundial da Saúde para buscar e atopar unha mellora para a humanidade.

É sabido por todos que a sociedade está cambiando, a tecnoloxía é dona do noso día a día e, a pesares de que hai enfermidades que se erradican, outras están máis en auxe ca nunca.

Hoxe comeza unha misión para todos os alumnos implicados no Club de ciencias das Revoltas, buscar e topar unha mellora para a humanidade. Nas vosas mans está pensar, deseñar e poñer en marcha esa mellora. Día a día, no Club, as mestras e o mestre iranvos amosando diferentes métodos, materiais e ideas que aprenderedes e dominaredes. Por cada reto que vos propoñan e superedes gañaredes unha medalla que recoñecerá o voso esforzo. De conseguir a meirande parte das medallas obteredes o certificado do Club de Ciencias das Revoltas.





ADIANTE RAPACES E RAPAZAS! 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CONVIVENCIA E ANGEL CARRACEDO

APAGUEMOS O LUME!

SUPERCONDUTIVIDADE