COCIÑA MOLECULAR: ESPAGUETIS
Durante as Xornadas Culturais do CPI As Revoltas do curso 18/19, o alumnado da ESO gozou dun taller de COCIÑA MOLECULAR similar ao realizado o ano anterior, mais desta volta, non só realizaron esferificacións senón que tamén prepararon espaguetis.
Nesta edición, empregaron batido de chocolate e iogur de beber como alimentos de partida. Logo, mesturáronos con agar-agar esperando a que fervese dita mestura (revolvendo continuamente para evitar que se pegase ao vaso). Deseguido, con axuda dunha xeringa pequena encheron pequenas tuberías estreitas de silicona e deixaron que arrefriasen no interior dun recipiente con auga e xeo por un tempo de tres minutos. Por último, expulsaron os espaguetis xelatinosos tamén con axuda das xeringas (agora cargadas soamente de aire).
Comentarios
Publicar un comentario