PRACTICANDO COS ROBOTS RANGER


Aproveitando que o alumnado de 1º ESO do noso centro foi seleccionado para participaren na segunda Semana STEM, un campamento de innovación educativa na que ampliaron os seus coñecementos científico-tecnolóxicos e, concretamente, sobre contidos de robótica (ampliando os que xa tiñan do ano anterior, ao cursaren a materia de Robótica en 6º de Educación Primaria), preparáronse durante unhas cantas sesións para instruiren a compañeiros do resto de niveis educativos da ESO nun taller de robótica durante as Xornadas Culturais.
Deste xeito, empregaron os robots Ranger nas súas diferentes modalidades para aprender a programar con Scratch e tamén contribuír ao PDI da música, pois algunhas das actividades a programar consistiron en facer soar unha melodía, partindo dunha partitura sobre a que traballaron con axuda do profesor de Música.
O alumnado da ESO participante como instrutor/a era, maioritariamente, participante tamén do Club de Ciencias.



Comentarios

Entradas populares de este blog

CONVIVENCIA E ANGEL CARRACEDO

APAGUEMOS O LUME!

SUPERCONDUTIVIDADE