XOGANDO A DETECTIVES

A palabra dermatoglifo está composta etimoloxicamente por dermato (pel) e glifos (debuxos), significa debuxos na pel. 
As pegadas dactilares son os sucos ou liñas que existen nas xemas dos dedos. Estas liñas posúen deseños únicos en cada persoa e polo tanto empréganse como un método de identificación. Os dedos nunca posúen pegadas similares, nin siquera entre xemelgos ou entre dedos da mesma persoa. A técnica dos dermatoglifos úsase en criminoloxía e tamén en medicina para diagnosticar enfermidades de orixe xenética. A ciencia que estuda as pegadas dactilares chámase dactiloscopia. 
O propósito desta experiencia é principalmente que o alumnado aprecie a variación xenética humana mediante a determinación dos diferentes tipos de pegadas dactilares dos compañeiros e compañeiras do grupo.  Esta característica particular de cada individuo brindou grandes oportunidades no eido da medicina e sobre todo en criminoloxía, disciplina coa que os alumnos tomarán contacto mediante a obtención e estudo de pegadas dactilares.  
Estas son os obxectivos, os materiais e o procedemento que se seguiu:

Así investigamos!















Comentarios

Entradas populares de este blog

CONVIVENCIA E ANGEL CARRACEDO

APAGUEMOS O LUME!

SUPERCONDUTIVIDADE