A CARREIRA DAS CORES
O alumnado de secundaria coñeciu e experimentou cos pigmentos vexetais e a súa solubilidade, sabedes como? Pois estudando a clorofila e os carotenoides do seguinte xeito:
Así sucedeu a práctica:
Os pigmentos vexetais poden dividirse en dous grandes grupos, en base á súa solubilidade:
a) Solubles en auga
b) Solubles en solventes orgánicos.
Os pigmentos que estudaron nesta práctica están no segundo grupo, son as clorofilas "a" e "b" (de cor verdosa) e os carotenoides (laranxa e amarelo).
Estes pigmentos atópanse en estreita asociación nos cloroplastos e son os responsables da captación da enerxía luminosa no proceso da fotosíntese.
Os pigmentos fotosintéticos poden extraerse dos tecidos vexetais grazas á súa solubilidade en disolventes orgánicos como o éter ou o benceno. Esta mesma propiedade pode empregarse para realizar a separación dos distintos pigmentos dunha mostra vexetal. Nesta práctica buscaron a separación de pigmentos vexetais mediante cromatografía (técnica empregada para separar os compoñentes dunha mestura).
Comentarios
Publicar un comentario