CONVIVENCIA E ANGEL CARRACEDO

O club de ciencias tivo unha xornada única espectacular. 
O 15 de xuño tivemos unha xonada final de divulgación científica en convivencia no auditorio de Cabana, na que participaron os tres Clubs de Ciencia da zona: IES Urbáno Lugría de Malpica de Bergantiños, IES Eduardo Pondal de Ponteceso e o CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños na que tivemos como convidado honorífico ao Doutor Anxo Carracedo.
Nesta xornada, cada un dos clubes fixo unha mostra do traballo realizado durante o curso. En concreto, o club de Cabana mostrou os hologramas e agasallou a cada centro con un dos proxectores feito polo alumnado. Asemade, o Doutor Carracedo deunos unha conferencia sobre: Que é ser científico? 
Esta xornada rematou no paseo de Cabana de Bergantiños no que o alumnado do IES de Ponteceso compartiu connosco a práctica da aplicación que deseñaron: Aves do Esteiro do Anllóns.





















O alumnado de primeiro de primaria fixo unha presentación moi especial para o Doutor Ángel Carracedo:


Comentarios

Entradas populares de este blog

APAGUEMOS O LUME!

SUPERCONDUTIVIDADE