ESCULTURAS HIPERREALISTAS

A Semana Cultural do cole estivo chea de actividades STEAM. Agora contámosvos como foi o taller de escultura.

Nestoutro taller empregamos unha substancia pulverizada denominada alginato de sodio para realizar os moldes das mans do alumnado en diferentes posicións. Esta substancia, similar á que empregan os odontólogos para realizar os moldes de dentaduras, permite construír de xeito rápido e sinxelo uns moldes con gran precisión e exactitude de calquera parte do corpo, podendo observar incluso as pegadas dactilares. 
Porén, hai que facer a preparación con auga bastante rápido, pois seca enseguida e se non está ben mesturado xa queda inservible. Logo, para encher os diversos moldes, preparamos un pouco xeso. Esta parte tamén é complexa, pois hai que ter bastante práctica para que ao mesturalo con auga non nos quede cunha consistencia nin moi sólida nin moi líquida e nos permita cubrir todos os ocos do molde sen que queden burbullas de aire atrapadas.
Con todos os atrancos descritos non foi de estrañar que non quedasen unhas esculturas tan bonitas como se esperaba... para a próxima vez!


Comentarios

Entradas populares de este blog

CONVIVENCIA E ANGEL CARRACEDO

APAGUEMOS O LUME!

SUPERCONDUTIVIDADE