OS NENOS DA VARIOLA

A variola é unha enfermidade infecciosa e contaxiosa, de natureza vírica, que produce febre alta e a aparición de pústulas con bostelas que ao caeren adoitan deixar marcas na pel.
O alumnado de 3º e 4º da ESO aprendiu sobre esta enfermidade partindo do libro "Os nenos da variola" de María Solar. Fixeron unha investigación partindo dos datos que nel se recollen sobre o impacto da vacina da variola para a ciencia e o benestar da sociedade mundial. Este é o guión de lectura que seguiron.


A historia de ficción narrada pola xornalista santiaguesa neste libro insírese na época histórica en que se leva a cabo a expedición coordinada polo doutor Balmis e a enfermeira de Ordes, Isabel Zendal, que acompañou no barco que viaxou a América os 22 nenos orfos portadores do vírus da varíola para conseguir transportar a vacina a maioría da poboación infantil.
A editorial Galaxia organizou no auditorio do Ágora na Coruña un acto para diferentes centros escolares da comarca, que consistiu nunha charla entre literatura e ciencia na que interviron a propia escritora e Marta López Cabo, profesora na USC e investigadora no Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo, para explicar a orixe da vacina contra a varíola, as consecuencias da enfermidade e o desenvolvemento da medicina até conseguir erradicar esta doenza a finais dos anos 70. Debateron ademais sobre aspectos de actualidade como a necesidade de avanzar na procura de tratamentos para novos vírus, o controvertido tema de familias que se negan a vacinar os propios fillos, converténdose nunha ameaza para toda a poboación, os recortes sanitarios que non financian determinadas investigacións e tratamentos, etc.
Un aspecto que quixo destacar a autora foi a súa intención de escribir este libro para recolocar no lugar que lle corresponde a figura da enfermeira Isabel Zendal, muller e galega e que contribuíu co seu labor profesional e altruísta a un dos feitos máis relevantes nos avances sanitarios do século pasado.
O alumnado asistiu á charla acompañado de Ana Martínez, profesora de Lingua Galega e de Laia Fariña, profesora de Física e Química, dúas das integrantes do Club de Ciencias das Revoltas.

Sobre este tema, o profesor Xacobo de Toro recolle no seu canal de Youtube un vídeo relacionado coa expedición Balmis e a vacina contra a variola. Comentao así: "Do porto da Coruña partiu hai xa máis de 200 anos a primeira expedición humanitaria para levar a vacina a diferentes partes do munto, a real expedición filantrópica da vacina. Nela viaxiaría a primeira muller enefermeira da historia, a nosa ordesa Isabel Zendal, sen cuxa axuda o éxito da expedición podería ter mudado".



Comentarios

Entradas populares de este blog

APAGUEMOS O LUME!

CONVIVENCIA E ANGEL CARRACEDO

SUPERCONDUTIVIDADE