APAGUEMOS O LUME!
    Esta sesión do Club xurdíronnos dúbidas de química, e... mans a obra para respondelas! As preguntas que nos formulamos foron: Como podemos apagar o lume? Sen osíxeno hai combustión?        No referente a segunda pregunta, pois non. A combustión ao igual ca nós precisa de osíxeno do aire, polo tanto, se tapamos unha candea cun vaso, esta consome o osíxeno e apágase. Ademais no noso experimento colocamos a candea sobre un prato con auga, e que sucedeu? Que a auga subiu, porque ao consumirse o osíxeno a presión atmosférica do exterior, que é maior ca do interior, empurra a auga cara dentro do vaso.                       Para responder á segunda pregunta, como apagar o lume, elaboramos o noso propio extintor. Onde empregamos :     Bicarbonato sódico colocado nun pano de papel  Plastilina  Un canutillo para beber  Unha botella de auga de litro e medio  Vinagre  Un pouco de fio de coser       Procedemento :      Poñer 4...