CONTRASOL
CONTRASOL
Os nenos e nenas de primaria estiveron experimentando coas densidades, unha propiedade característica de cada substancia. Por exemplo, un obxecto pequeno e pesado, como unha pedra ou un anaco de chumbo, é máis denso que un obxecto grande e lixeiro, como unha cortiza ou un pouco de escuma. Os obxectos sólidos e líquidos menos densos flotan e fai que non se mesturen. Un líquido menos denso flotará enriba doutro máis denso.
No noso club experimentamos, manipulamos, probamos... polo que non todos os contrasois saíron perfectos. Cada equipo seguiu os pasos segundo crían que era máis ou menos denso, aínda que ao final observaron como se foron colocando segundo esta propiedade; isto dou lugar a que algún se mesturase e non quedase tan definido, pero... ao fin e ao cabo, trátase de empregar o método científico e experimentar por un mesmo, así construímos a nosa aprendizaxe!
Os líquidos empregados foron, por orde de maior a menor densidade:
mel, lente enteira, deterxente líquido (lavavaixelas), auga con colorante (queda máis vistoso), e aceite.
Comentarios
Publicar un comentario