No mes de marzo, fixemos un calidoscopio. Este funciona a través dun tubo con espellos no interior; nun dos extremos colócanse contas de cores e cristal, e na base extrema cuberta deixando soamente un pequeno visor. Ó m irar a contraluz polo visor, hai un bonito efecto óptico, onde se reflexa infinitamente, nos espellos, o que se está vendo, dando lugar a formas e cores divertidas. Realmente, o que observamos é unha proxección ilusoria multicor, xerada a partir da reflexión da luz e o movemento do obxecto. O material do noso calidoscopio foi adaptado para nenos, non empregamos espellos nin cristais, este foi substituído por outro material, pero obtivemos un experimento de física, un xoguete e a experiencia de xogar coa luz e cores. O material empregado para facelo foi: Tubo de cartón Plástico Papel vexetal Contas de cores Procedemento: Tapamos un extremo do tubo con cartolina, cun pequeno furado no centro, para ver o interior (o visor) ...