Durante un taller de xenética desenvolvido durante as Xornadas Culturais 2019 do CPI As Revoltas, o alumnado de 3º ESO coa axuda dos seus homólogos de 4º ESO, puideron comprender o porqué, segundo os xens que transmitan os pais e nais, de ter o pelo máis esuro ou máis claro, ter a cara máis alongada ou máis redondeada, ter a pel máis escura ou menos, etc., comprendendo así a herdanza dos caracteres faciais. Para o anterior, tiveron que recortar os 23 pares de cromosomas que se mostran na seguinte imaxe para cada persoa. Deseguido, dobráronos pola metade e, cada parella, meteu os seus cromosomas (elixindo os cromosomas sexuais segundo correspondese a cada parte da parella) nun sobre (co fin de mesturalos e simular o azar). Unha vez revoltos dentro do sobre, tiveron que deixalos caer sobre as mesas, de xeito que as caras dos cromosomas que quedasen boca arriba pasarían a conter a información alélica que portarían os gametos. Despois, tocou organizar e emparellar os cromosoma...