Entradas populares de este blog
MENSAXE DA OMS
O Club de Ciencias das Revoltas foi seleccionado pola Organización Mundial da Saúde para buscar e atopar unha mellora para a humanidade. É sabido por todos que a sociedade está cambiando, a tecnoloxía é dona do noso día a día e, a pesares de que hai enfermidades que se erradican, outras están máis en auxe ca nunca. Hoxe comeza unha misión para todos os alumnos implicados no Club de ciencias das Revoltas, buscar e topar unha mellora para a humanidade. Nas vosas mans está pensar, deseñar e poñer en marcha esa mellora. Día a día, no Club, as mestras e o mestre iranvos amosando diferentes métodos, materiais e ideas que aprenderedes e dominaredes. Por cada reto que vos propoñan e superedes gañaredes unha medalla que recoñecerá o voso esforzo. De conseguir a meirande parte das medallas obteredes o certificado do Club de Ciencias das Revoltas. ADIANTE RAPACES E RAPAZAS!
A CARREIRA DAS CORES
O alumnado de secundaria coñeciu e experimentou cos pigmentos vexetais e a súa solubilidade, sabedes como? Pois estudando a clorofila e os carotenoides do seguinte xeito: Os pigmentos vexetais poden dividirse en dous grandes grupos, en base á súa solubilidade: a) Solubles en auga b) Solubles en solventes orgánicos. Os pigmentos que estudaron nesta práctica están no segundo grupo, son as clorofilas "a" e "b" (de cor verdosa) e os carotenoides (laranxa e amarelo). Estes pigmentos atópanse en estreita asociación nos cloroplastos e son os responsables da captación da enerxía luminosa no proceso da fotosíntese. Os pigmentos fotosintéticos poden extraerse dos tecidos vexetais grazas á súa solubilidade en disolventes orgánicos como o éter ou o benceno. Esta mesma propiedade pode empregarse para realizar a separación dos distintos pigmentos dunha mostra vexetal. Nesta práctica buscaron a separación de pigmentos vexetais mediante cromatografía (técnica e...
Comentarios
Publicar un comentario