ANALIZANDO EGAGRÓPILAS


 Deseguido, móstrase o guión dun experimento realizado polo alumnado de secundaria dentro do Club de ciencias. Nas fotografías tamén se inclúe a segunda sesión na que se levou a cabo a identificación dos ósos atopados así como se intentou reconstruír un esquelete dun pequeno roedor. Nesta mesma sesión, os rapaces e rapazas puideron ver unha vértebra real dunha balea.

ANALIZANDO EGAGRÓPILAS

 Que son as egagrópilas?
As egagrópilas son unhas bólas de pelo que regurxitan as aves rapaces coma o búho e que conteñen restos como ósos, plumas, restos de insectos  etc.  das presas coas que se alimentaron e que non poden dixerir.
Poden conter restos de varios animais e serven para estudar  os hábitos alimenticios de ditas aves.

Onde se poden atopar?
Poden atoparse baixo os niños ou nos seus lugares favoritos para descansar e vixiar o terreo.

Como as analizaremos?
Empregaremos o coñecido como método húmido, que consiste en deixalas en remollo cunha disolución diluída de auga osixenada en auga ao 20%. Esta disolución axudará a branquear os ósos e a que sexan máis facilmente identificables do resto de compoñentes.
Posteriormente, sacaremos os ósos da disolución e clasificarémolos coa axuda dunhas claves dicotómicas observando a forma dos cranios, mandíbulas inferiores, ósos longos e outros.

Identificando resultados
Claves dicotómicas a consultar: http://www.uhu.es/egaeduca/
No enlace anterior atoparás as claves para intentar diferenciar primeiro entre roedores de insectívoros e logo diferenciar entre os principais grupos de roedores (esquío/lirón careto, ratos/ratas e topiños/rata de auga) e insectívoros (ourizos, topo e musarañas/musgaños)



















Comentarios

Entradas populares de este blog

CONVIVENCIA E ANGEL CARRACEDO

APAGUEMOS O LUME!

SUPERCONDUTIVIDADE