APRENDENDO LABORES TRADICIONAIS

 No mes de novembro, o alumnado da etapa de Primaria que participa no Club de Ciencias levou a cabo unha aprendizaxe moi enriquecedora para todos eles e elas: aprenderon a sementar diversas especies de plantas como landras, noces e mazás. 
Para facer un estudo comparativo da relevancia dos abonos así como dos resultados que se obteñen cun tipo ou outro dos mesmo, nalgunhas das macetas empregaron abono natural, noutras o abono mercado en tenda e, por último, deixaron algunhas sen abonar.
Tamén estudarán a influencia da luz solar que perciban, pois non todas estarán localizadas no mesmo lugar e as horas de sol, polo tanto, variarán.
En decembro xa comezaron a agromar algunhas plantas tal e como se pode apreciar nas seguintes imaxes:







Como bos científicos e científicas, non se esqueceron de etiquetar correctamente cada maceta para saber o tipo de semente e o tipo de abono que empregaron así como os seus nomes, pois deberán ser os encargados/as de regalas cando sexa preciso.

Por último, gustaríanos destacar unha reflexión extraída durante as labores de plantación por un alumno de 2º de E.P.: " La naturaleza tiene su ritmo y, por lo tanto, debemos respetarla" (Gael). Como podemos ver, os nenos e nenas non só aprenderon de onde xurden as plantas e froitos cos que nos alimentamos senón tamén a importancia de coidar e respectar a natureza.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CONVIVENCIA E ANGEL CARRACEDO

APAGUEMOS O LUME!

SUPERCONDUTIVIDADE