XERADOR DE LAVA CASEIRO

Algunha vez viches esas lámpadas que teñen líquido de cores no interior? Os líquidos móvense sen mezclarse! 

No Club de Ciencias das Revoltas propuxémonos crear un xerador de lava semellante ao destas lámpadas.

Para conseguilo empregamos:
  • Un bote de cristal transparente.
  • 2/3 de aceite (tomando como referencia o bote)
  • 1/3 de auga (tomando como referencia o bote)
  • Unhas gotas de colorante alimenticio.
  • Unha pilula efervescente (empregamos Eferalgan)

Vamos por pasos:
  1. Metemos a auga no bote.
  2. Engadimos o aceite.
  3. Metemos unhas gotiñas de colorante alimenticio.
  4. Esperamos a que a auga e o aceite se estabilicen e o colorante alimenticio pase a disolverse na auga. Aprendemos que a densidade da auga e do aceite son distintas por iso o aceite sempre queda arriba.
  5. Cando todo estaba perfectamente separado, comezou o bo: A CREACIÓN DA LAVA! Esto conséguese coa pilula efervescente. Engadímola!
Ao meter a pilula, as burbullas de cor suben impulsadas pola efervescencia, sen mezclarse co aceite. O efecto é espectacular.

POR QUE ACONTECE ISTO?

Podemos dicir que as moléculas do aceite e da auga non se levan ben: se as mezclamos repélense. O aceite ten outros "amigos" como ceras ou outros aceites. E a auga ten os seus: azucre, sal ou colorantes alimenticios.
É por isto que este experimento se pode levar a cabo: a pilula efervescente ao entrar en contacto coa auga da lugar a dióxido de carbono, un gas que forma pequenas burbullas ascendentes as cales fan subir a auga coloreada formando figuras caprichosas e moi bonitas que ao chegar ao aceite volven baixar. 
Por isto o noso experimento parece un volcán en erupción lanzando lava de cores.

Sobre esta práctica, o alumnado de Educación Secundaria deseñou un tríptico coa finalidade de dar difusión á mesma: 



Aquí unhas fotos do proceso e o resultado.

Os nenos e as nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria:












Os nenos e as nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria:












Comentarios

Entradas populares de este blog

CONVIVENCIA E ANGEL CARRACEDO

APAGUEMOS O LUME!

SUPERCONDUTIVIDADE