ACIDIFICACIÓN DE MARES E OCÉANOS
  Nesta ocasión, o alumnado de secundaria experimentou as consecuencias negativas da proliferación de gases contaminantes coma o caso do CO2 para a fauna mariña. Así, seguiron o seguinte guión de prácticas para comprobar como varía o pH da auga ao disolverse nela dito gas. Como ocorre en numerosas ocasións dentro dun laboratorio, tiveron que buscar unha opción alternativa para desenvolver o experimento, pois do xeito inicial, tal e como lles describía o guión, non lles saía moi ben, ao escaparlles bastante gas pola fendedura saínte do vaso de precipitados. Así, foron quen de deseñar un método similar empregando globos e celo para evitar ao máximo ditas perdas gaseosas.         ACIDIFICACIÓN DE MARES E OCÉANOS   Reactivos   -         Auga   -         Vinagre (ácido acético, CH 3 COOH)   -         Bicarbonato (NaHCO 3 )   -         Indicador de pH (az...