ANALIZANDO EGAGRÓPILAS
Deseguido, móstrase o guión dun experimento realizado polo alumnado de secundaria dentro do Club de ciencias. Nas fotografías tamén se inclúe a segunda sesión na que se levou a cabo a identificación dos ósos atopados así como se intentou reconstruír un esquelete dun pequeno roedor. Nesta mesma sesión, os rapaces e rapazas puideron ver unha vértebra real dunha balea. ANALIZANDO EGAGRÓPILAS Que son as egagrópilas? As egagrópilas son unhas bólas de pelo que regurxitan as aves rapaces coma o búho e que conteñen restos como ósos, plumas, restos de insectos etc. das presas coas que se alimentaron e que non poden dixerir. Poden conter restos de varios animais e serven para estudar os hábitos alimenticios de ditas aves. Onde se poden atopar? Poden atoparse baixo os niños ou nos seus lugares favoritos para descansar e vixiar o terreo. Como as analizaremos? Empregaremos o coñecido como método húmido, que consiste en deixalas en remol...