Que pasa se mezclo auga con fariña de millo ou maicena? Vexamos...     Que necesitamos?     Auga  Fariña de millo ou maicena  Un recipiente  Unha culler     Vamos por pasos:      Vertemos un pouco de auga no recipiente  Introducimos pouco a pouco a maicena mentras remexemos coa culler ate que nos resulte difícil mover a culler.     É o momento de comezar a xogar!     Fai estas probas:    Introduce con coidado un dedo na mezcla e fundiráseche como se o fixeses nun vaso de auga. Dalle agora co puño pechado e algo de forza... Converteuse nunha pasta dura!  Colle algo de mezcla na man e frota tentando facer unha bola... A masa semella plastilina! Deixa de frotala e... volve ao seu estado líquido!    SORPRENDENTE!          POR QUE ACONTECE ISTO?         Ao mezclar a auga coa fariña (almidón) de millo, conseguimos un fluido NON NEWTONIANO, que cambia de consistencia e viscosidade dependendo da presión que se exerza sobre él.     Unha curiosidade : investígase con este tipo de fluidos p...