E TI, A QUE PISO VAS?
 Esta foi a primeira actividade do alumnado da ESO.    Con ela comprenderon dun xeito moi visual e colorido o concepto de DENSIDADE dunha sustancia construindo unha columna con capas de diversas cores e características.      Tamén comentaron a importancia da diferenza de densidades entre sustancias en casos reais como nos vertidos accidentais de fuel no mar.     Grazas a esta práctica asimilaron o concepto de densidade e aprenderon ou repasaron o seu cálculo. Tamén coñeceron a técnica de separación de substancias inmiscibles, é dicir, a decantación.   Así foi a actividade:        Tamén crearon un tríptico sobre o experimento para facer difusión do seu traballo:             Aquí unhas fotografías que recollen o proceso da práctica: