Entradas
CONTRASOL
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
CONTRASOL Os nenos e nenas de primaria estiveron experimentando coas densidades, unha propiedade característica de cada substancia. Por exemplo, un obxecto pequeno e pesado, como unha pedra ou un anaco de chumbo, é máis denso que un obxecto grande e lixeiro, como unha cortiza ou un pouco de escuma. Os obxectos sólidos e líquidos menos densos flotan e fai que non se mesturen. Un líquido menos denso flotará enriba doutro máis denso. No noso club experimentamos, manipulamos, probamos... polo que non todos os contrasois saíron perfectos. Cada equipo seguiu os pasos ...
ANALIZANDO EGAGRÓPILAS
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Deseguido, móstrase o guión dun experimento realizado polo alumnado de secundaria dentro do Club de ciencias. Nas fotografías tamén se inclúe a segunda sesión na que se levou a cabo a identificación dos ósos atopados así como se intentou reconstruír un esquelete dun pequeno roedor. Nesta mesma sesión, os rapaces e rapazas puideron ver unha vértebra real dunha balea. ANALIZANDO EGAGRÓPILAS Que son as egagrópilas? As egagrópilas son unhas bólas de pelo que regurxitan as aves rapaces coma o búho e que conteñen restos como ósos, plumas, restos de insectos etc. das presas coas que se alimentaron e que non poden dixerir. Poden conter restos de varios animais e serven para estudar os hábitos alimenticios de ditas aves. Onde se poden atopar? Poden atoparse baixo os niños ou nos seus lugares favoritos para descansar e vixiar o terreo. Como as analizaremos? Empregaremos o coñecido como método húmido, que consiste en deixalas en remol...
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
APRENDENDO LABORES TRADICIONAIS No mes de novembro, o alumnado da etapa de Primaria que participa no Club de Ciencias levou a cabo unha aprendizaxe moi enriquecedora para todos eles e elas: aprenderon a sementar diversas especies de plantas como landras, noces e mazás. Para facer un estudo comparativo da relevancia dos abonos así como dos resultados que se obteñen cun tipo ou outro dos mesmo, nalgunhas das macetas empregaron abono natural, noutras o abono mercado en tenda e, por último, deixaron algunhas sen abonar. Tamén estudarán a influencia da luz solar que perciban, pois non todas estarán localizadas no mesmo lugar e as horas de sol, polo tanto, variarán. En decembro xa comezaron a agromar algunhas plantas tal e como se pode apreciar nas seguintes imaxes: Como bos científicos e científicas, non se esqueceron de etiquetar correctamente cada maceta para saber o tipo de semente e o tipo de abono que empregaron así como os seus nomes, po...
A MAXIA DAS CORES
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
A MAXIA DAS CORES Neste curso, quixemos comezar o Club de Ciencias experimentando coas cores e a vexetación. Por unha banda fixemos diferentes cromatografías, e por outra banda empregamos diferentes tinguiduras para comprender a alimentación das plantas . A cromatografía é unha técnica que se emprega para separar os distintos compoñentes dunha mestura homoxénea por un soporte ou por un disolvente, nós neste caso imos empregar un disolvente. A cromatografía é unha técnica de análise moi empregada en todo tipo de laboratorios, como por exemplo, nos test antidopaxe que se lle fan aos deportistas. Nós fixemos unha CROMATOGRAFÍA DA TINTA, para coñecer os diferentes compoñentes da mesma, con diferentes rotuladores e diferentes cores. Para realizar este experimento empregamos: ✔ Rotuladores (non permanentes) e tesoiras ✔ Auga ✔ Sal ✔ Papel de filtro ✔ Recipiente Nunha cunca disolvemos auga con sal, aproximadamente un cen...
CONVIVENCIA E ANGEL CARRACEDO
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
O club de ciencias tivo unha xornada única espectacular. O 15 de xuño tivemos unha xonada final de divulgación científica en convivencia no auditorio de Cabana, na que participaron os tres Clubs de Ciencia da zona: IES Urbáno Lugría de Malpica de Bergantiños, IES Eduardo Pondal de Ponteceso e o CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños na que tivemos como convidado honorífico ao Doutor Anxo Carracedo. Nesta xornada, cada un dos clubes fixo unha mostra do traballo realizado durante o curso. En concreto, o club de Cabana mostrou os hologramas e agasallou a cada centro con un dos proxectores feito polo alumnado. Asemade, o Doutor Carracedo deunos unha conferencia sobre: Que é ser científico? Esta xornada rematou no paseo de Cabana de Bergantiños no que o alumnado do IES de Ponteceso compartiu connosco a práctica da aplicación que deseñaron: Aves do Esteiro do Anllóns. O alumnado de primeiro de primaria fixo unh...