Entradas

Imagen
APRENDENDO LABORES TRADICIONAIS  No mes de novembro, o alumnado da etapa de Primaria que participa no Club de Ciencias levou a cabo unha aprendizaxe moi enriquecedora para todos eles e elas: aprenderon a sementar diversas especies de plantas como landras, noces e mazás.  Para facer un estudo comparativo da relevancia dos abonos así como dos resultados que se obteñen cun tipo ou outro dos mesmo, nalgunhas das macetas empregaron abono natural, noutras o abono mercado en tenda e, por último, deixaron algunhas sen abonar. Tamén estudarán a influencia da luz solar que perciban, pois non todas estarán localizadas no mesmo lugar e as horas de sol, polo tanto, variarán. En decembro xa comezaron a agromar algunhas plantas tal e como se pode apreciar nas seguintes imaxes: Como bos científicos e científicas, non se esqueceron de etiquetar correctamente cada maceta para saber o tipo de semente e o tipo de abono que empregaron así como os seus nomes, po...

A MAXIA DAS CORES

Imagen
A MAXIA DAS CORES Neste curso, quixemos comezar o Club de Ciencias experimentando coas cores e a vexetación. Por unha banda fixemos diferentes cromatografías, e por outra banda empregamos diferentes tinguiduras para comprender a alimentación das plantas . A cromatografía é unha técnica que se emprega para separar os distintos compoñentes dunha mestura homoxénea por un soporte ou por un disolvente, nós neste caso imos empregar un disolvente. A cromatografía é unha técnica de análise moi empregada en todo tipo de laboratorios, como por exemplo, nos test antidopaxe que se lle fan aos deportistas. Nós fixemos unha CROMATOGRAFÍA DA TINTA, para coñecer os diferentes compoñentes da mesma, con diferentes rotuladores e diferentes cores. Para realizar este experimento empregamos: ✔   Rotuladores (non permanentes) e tesoiras ✔   Auga ✔   Sal ✔   Papel de filtro ✔   Recipiente Nunha cunca disolvemos auga con sal, aproximadamente un cen...

CONVIVENCIA E ANGEL CARRACEDO

Imagen
O club de ciencias tivo unha xornada única espectacular.  O 15 de xuño tivemos unha xonada final de divulgación científica en convivencia no auditorio de Cabana, na que participaron os tres Clubs de Ciencia da zona: IES Urbáno Lugría de Malpica de Bergantiños, IES Eduardo Pondal de Ponteceso e o CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños na que tivemos como convidado honorífico ao Doutor Anxo Carracedo. Nesta xornada, cada un dos clubes fixo unha mostra do traballo realizado durante o curso. En concreto, o club de Cabana mostrou os hologramas e agasallou a cada centro con un dos proxectores feito polo alumnado. Asemade, o Doutor Carracedo deunos unha conferencia sobre: Que é ser científico?  Esta xornada rematou no paseo de Cabana de Bergantiños no que o alumnado do IES de Ponteceso compartiu connosco a práctica da aplicación que deseñaron: Aves do Esteiro do Anllóns. O alumnado de primeiro de primaria fixo unh...

ENTREGA DE DIPLOMAS

Imagen
O club de Ciencias da Revoltas chega á súa fin durante este curso 2017/2018. O balance é moi positivo tanto polo feedback do alumnado como por parte das impresións do profesorado. Para mostra, estas fotos da entrega de diplomas pola participación neste gran Club!

CONSTRUIMOS UNHA BOTELLA MÁXICA

Imagen
Con esta práctica o  alumnado comprendiu a importancia da presenza de osíxeno como un oxidante importante nas reaccións químicas. Así viu o cambio de cor que sofre unha disolución ao axitala favorecendo a introdución de osíxeno na mesma. Esta é a descripción da actividade: Aquí está a práctica que empregaron os alumnos e alumnas: Así experimentaron mentras creaban a súas botellas máxicas:

XOGANDO A DETECTIVES

Imagen
A palabra dermatoglifo está composta etimoloxicamente por dermato (pel) e glifos (debuxos), significa debuxos na pel.  As pegadas dactilares son os sucos ou liñas que existen nas xemas dos dedos. Estas liñas posúen deseños únicos en cada persoa e polo tanto empréganse como un método de identificación. Os dedos nunca posúen pegadas similares, nin siquera entre xemelgos ou entre dedos da mesma persoa. A técnica dos dermatoglifos úsase en criminoloxía e tamén en medicina para diagnosticar enfermidades de orixe xenética. A ciencia que estuda as pegadas dactilares chámase dactiloscopia.  O propósito desta experiencia é principalmente que o alumnado aprecie a variación xenética humana mediante a determinación dos diferentes tipos de pegadas dactilares dos compañeiros e compañeiras do grupo.  Esta característica particular de cada individuo brindou grandes oportunidades no eido da medicina e sobre todo en criminoloxía, disciplina coa que os alumnos tomarán contacto med...