Entradas

CONVIVENCIA E ANGEL CARRACEDO

Imagen
O club de ciencias tivo unha xornada única espectacular.  O 15 de xuño tivemos unha xonada final de divulgación científica en convivencia no auditorio de Cabana, na que participaron os tres Clubs de Ciencia da zona: IES Urbáno Lugría de Malpica de Bergantiños, IES Eduardo Pondal de Ponteceso e o CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños na que tivemos como convidado honorífico ao Doutor Anxo Carracedo. Nesta xornada, cada un dos clubes fixo unha mostra do traballo realizado durante o curso. En concreto, o club de Cabana mostrou os hologramas e agasallou a cada centro con un dos proxectores feito polo alumnado. Asemade, o Doutor Carracedo deunos unha conferencia sobre: Que é ser científico?  Esta xornada rematou no paseo de Cabana de Bergantiños no que o alumnado do IES de Ponteceso compartiu connosco a práctica da aplicación que deseñaron: Aves do Esteiro do Anllóns. O alumnado de primeiro de primaria fixo unh...

ENTREGA DE DIPLOMAS

Imagen
O club de Ciencias da Revoltas chega á súa fin durante este curso 2017/2018. O balance é moi positivo tanto polo feedback do alumnado como por parte das impresións do profesorado. Para mostra, estas fotos da entrega de diplomas pola participación neste gran Club!

CONSTRUIMOS UNHA BOTELLA MÁXICA

Imagen
Con esta práctica o  alumnado comprendiu a importancia da presenza de osíxeno como un oxidante importante nas reaccións químicas. Así viu o cambio de cor que sofre unha disolución ao axitala favorecendo a introdución de osíxeno na mesma. Esta é a descripción da actividade: Aquí está a práctica que empregaron os alumnos e alumnas: Así experimentaron mentras creaban a súas botellas máxicas:

XOGANDO A DETECTIVES

Imagen
A palabra dermatoglifo está composta etimoloxicamente por dermato (pel) e glifos (debuxos), significa debuxos na pel.  As pegadas dactilares son os sucos ou liñas que existen nas xemas dos dedos. Estas liñas posúen deseños únicos en cada persoa e polo tanto empréganse como un método de identificación. Os dedos nunca posúen pegadas similares, nin siquera entre xemelgos ou entre dedos da mesma persoa. A técnica dos dermatoglifos úsase en criminoloxía e tamén en medicina para diagnosticar enfermidades de orixe xenética. A ciencia que estuda as pegadas dactilares chámase dactiloscopia.  O propósito desta experiencia é principalmente que o alumnado aprecie a variación xenética humana mediante a determinación dos diferentes tipos de pegadas dactilares dos compañeiros e compañeiras do grupo.  Esta característica particular de cada individuo brindou grandes oportunidades no eido da medicina e sobre todo en criminoloxía, disciplina coa que os alumnos tomarán contacto med...

COMO VER O ADN NA COCIÑA

Imagen
Hoxe facémonos eco desta nova na que o Doutor Ángel Carracedo nos ensina a ver o ADN con materiais ben comúns e dende a cociña da nosa propia casa empregando unha sinxela receita. Pinchade na imaxe e aprende sobre a esencia da nosa vida, o ADN!

ESCULTURAS HIPERREALISTAS

Imagen
A Semana Cultural do cole estivo chea de actividades STEAM. Agora contámosvos como foi o taller de escultura. Nestoutro taller empregamos unha substancia pulverizada denominada alginato de sodio para realizar os moldes das mans do alumnado en diferentes posicións. Esta substancia, similar á que empregan os odontólogos para realizar os moldes de dentaduras, permite construír de xeito rápido e sinxelo uns moldes con gran precisión e exactitude de calquera parte do corpo, podendo observar incluso as pegadas dactilares.  Porén, hai que facer a preparación con auga bastante rápido, pois seca enseguida e se non está ben mesturado xa queda inservible. Logo, para encher os diversos moldes, preparamos un pouco xeso. Esta parte tamén é complexa, pois hai que ter bastante práctica para que ao mesturalo con auga non nos quede cunha consistencia nin moi sólida nin moi líquida e nos permita cubrir todos os ocos do molde sen que queden burbullas de aire atrapadas. Con todos os atrancos descri...

COCIÑA MOLECULAR

Imagen
Durante a Semana Cultural do CPI As Revoltas, o alumnado de ESO gozou dun taller de COCIÑA MOLECULAR! Neste taller   realizamos esferificacións con alimentos líquidos ou semisólidos.  Para isto, foi preciso mesturar o alimento en cuestión (no noso caso probamos con iogur, leite, zume e chocolate para beber) cunha substancia xelatinosa  de orixe vexetal denominada agar-agar. Unha vez feita a mestura tivemos que levala a ebulición durante 1 minuto. Tras este tempo, enchemos unhas xiringas pequenas coa mestura e deixamos caer pequenas gotas nun vaso alto e estreito que contiña aceite de xirasol moi frío (estivera toda a noite no conxelador e logo en contacto con xeo). O contraste de temperaturas era preciso para que se formasen as esferas ou bóliñas de cada alimento, conferíndolles unha textura xelatinosa por fóra e por dentro co sabor e textura propios de cada substancia. Por último, ditas bólas había que coalas e pasalas por un baño de auga para eliminar resto...