Entradas

COMO VER O ADN NA COCIÑA

Imagen
Hoxe facémonos eco desta nova na que o Doutor Ángel Carracedo nos ensina a ver o ADN con materiais ben comúns e dende a cociña da nosa propia casa empregando unha sinxela receita. Pinchade na imaxe e aprende sobre a esencia da nosa vida, o ADN!

ESCULTURAS HIPERREALISTAS

Imagen
A Semana Cultural do cole estivo chea de actividades STEAM. Agora contámosvos como foi o taller de escultura. Nestoutro taller empregamos unha substancia pulverizada denominada alginato de sodio para realizar os moldes das mans do alumnado en diferentes posicións. Esta substancia, similar á que empregan os odontólogos para realizar os moldes de dentaduras, permite construír de xeito rápido e sinxelo uns moldes con gran precisión e exactitude de calquera parte do corpo, podendo observar incluso as pegadas dactilares.  Porén, hai que facer a preparación con auga bastante rápido, pois seca enseguida e se non está ben mesturado xa queda inservible. Logo, para encher os diversos moldes, preparamos un pouco xeso. Esta parte tamén é complexa, pois hai que ter bastante práctica para que ao mesturalo con auga non nos quede cunha consistencia nin moi sólida nin moi líquida e nos permita cubrir todos os ocos do molde sen que queden burbullas de aire atrapadas. Con todos os atrancos descri...

COCIÑA MOLECULAR

Imagen
Durante a Semana Cultural do CPI As Revoltas, o alumnado de ESO gozou dun taller de COCIÑA MOLECULAR! Neste taller   realizamos esferificacións con alimentos líquidos ou semisólidos.  Para isto, foi preciso mesturar o alimento en cuestión (no noso caso probamos con iogur, leite, zume e chocolate para beber) cunha substancia xelatinosa  de orixe vexetal denominada agar-agar. Unha vez feita a mestura tivemos que levala a ebulición durante 1 minuto. Tras este tempo, enchemos unhas xiringas pequenas coa mestura e deixamos caer pequenas gotas nun vaso alto e estreito que contiña aceite de xirasol moi frío (estivera toda a noite no conxelador e logo en contacto con xeo). O contraste de temperaturas era preciso para que se formasen as esferas ou bóliñas de cada alimento, conferíndolles unha textura xelatinosa por fóra e por dentro co sabor e textura propios de cada substancia. Por último, ditas bólas había que coalas e pasalas por un baño de auga para eliminar resto...

VISITA AO MUNCYT

Imagen
Os mais pequenos do cole, o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de EP, visitaron o MUNCYT, o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía.  Durante a xornada deseñaron e fixeron volar os seus helicópteros, visitaron un avión de Iberia que transportou o Guernica de Picasso e coñeceron aos guías robots humanoides. Foi unha saída que acercou, un pouquiño máis, o mundo das STEM aos máis pequenos do colexio.

ALUMNA PREMIADA

Imagen
A feira nacional Exporecerca tivo un pouco do Club de Ciencias do CPI As Revoltas. A alumna Lucía Suárez gañou o terceiro premio xunto coa súa compañeira das Aulas Científico-Tecnolóxicas Isidro Parga Pondal pola súa estación meteorolóxica electrónica  "CERO LUME", que prevén incendios creando alertas cando se combinan certos parámetros. Moitísimos parabéns Lucía!  Enlace á nova na prensa:  EXPORECERCA Este seu premio véunolo explicar ao Club de Ciencias:

ROBOTS PINTORES

Imagen
Este ano o contexto didáctico do noso centro vai sobre a arte. Dende o Club de Ciencias quixémolo ter en conta. Atendendo a isto, t anto o alumnado de ESO como o de EP deseñou uns robots pintores que o mesmo fan unhas carreiras polo corredor, que pintan cadros de vangarda que se subastaron como nunha poxa de obras de arte. Para deseñalos precisouse: Un motor Unha pila Rotuladores Un vaso Cinta adhesiva Un porta-pilas A instrucción que se lle deu aos rapaces e rapazas foi que debían pintar un cadro cos rotuladores sen tocar os rotuladores. Con isto e o material puxéronse más á obra para montar os seus robots. Así foi o proceso e o resultado en ESO: Así foi en Primaria: A PINTAR!

ROBÓTICA PARA TODOS

Imagen
Temos a sorte de ser un dos centros seleccionados para o proxecto de introducción á robótica educativa en primaria. Durante este curso, esta proposta foi levada a cabo co alumnado de 6º de EP.  Na semana cultural do centro acercouse a robótica educativa a todo o alumnado cun taller deseñado para iso. Os nenos e nenas de 1º, 3º e 4º tiveron a súa primeira aproximación á linguaxe programacinal con mBot.  Xogaron coas app Makeblock e mBlock. Quedaron con ganas de aprender máis!