Entradas

HOLOGRAMAS

Imagen
Sabedes o que son os hologramas? No Club de Ciencias das Revoltas descubrímolo e ímosvolo contar. O holograma é unha técnica avanzada de fotografía que consiste en crear imaxes tridimensionais basadas no emprego da luz. Nesta práctica xogamos cos proxectores de hologramas e vídeos preparados para poder velos. Os alumnos de secundaria construíron os seus proxectores do seguinte xeito: Logo puideron visualizar diferentes hologramas. Cos proxectores feitos polo alumnado de secundaria, experimentaron e xogaron os alumnos de primaria: Asemade, nesta sesión, o alumnado de primaria creou cadanseu traumatropo, un xoguete óptico que se emprega para producir sensación de movemento nas imaxes.

PRINCIPIO DE ARQUÍMIDES

Imagen
Quixemos comprobar o principio de Arquímides! Coñecemos a lenda do rei Midas e comprobamos a diferente flotabilidade dun mesmo corpo segundo a variación da densidade do medio. O alumnado de Secundaria experimentou así:

VOLCÁNS

Imagen
Sabías que o volcán Krakatoa (en Indonesia) estivo en erupción máis de catro meses en 1883. A última erupción fixo anacos a isla; foi a máis grande, con unha forza 10.000 veces superior a unha bomba atómica...  O ruído púidose escoitar a máis de 4000 km. Fonte: http://www.efemeridespedrobeltran.com/es/eventos/agosto/krakatoa.-hoy-27-de-agosto-de-1883-tiene-lugar-la-explosion-del-volcan-krakatoa-1

SÓLIDO OU LÍQUIDO?

Imagen
Que pasa se mezclo auga con fariña de millo ou maicena? Vexamos... Que necesitamos? Auga Fariña de millo ou maicena Un recipiente Unha culler Vamos por pasos: Vertemos un pouco de auga no recipiente Introducimos pouco a pouco a maicena mentras remexemos coa culler ate que nos resulte difícil mover a culler. É o momento de comezar a xogar! Fai estas probas: Introduce con coidado un dedo na mezcla e fundiráseche como se o fixeses nun vaso de auga. Dalle agora co puño pechado e algo de forza... Converteuse nunha pasta dura! Colle algo de mezcla na man e frota tentando facer unha bola... A masa semella plastilina! Deixa de frotala e... volve ao seu estado líquido! SORPRENDENTE! POR QUE ACONTECE ISTO? Ao mezclar a auga coa fariña (almidón) de millo, conseguimos un fluido NON NEWTONIANO, que cambia de consistencia e viscosidade dependendo da presión que se exerza sobre él.  Unha curiosidade : investígase con este tipo de fluidos p...

INCHAR UN GLOBO SEN TOCARLLE

Imagen
Poderemos inchar un globo sen soplarlle? A química dinos que si! Que necesitamos? Unha botella de plástico Un globo Un embudo Dous dedos de vinagre. De 3 a 5 cullaradas de bicarbonato Vamos por pasos: Introducimos o vinagre na botella. Con coidado metemos o bicarbonato no globo. Sen que o bicarbonato saia do globo, poñemos este na boca da botella. Unha vez que estea ben suxeito, poñemos o globo en vertical de xeito que todo o bicarbonato caia sobre do aceite. Unha mezcla explosiva comezará e... O globo ínchase sen tocarlle! POR QUE ACONTECE ISTO? Esta reacción química sucede porque o vinagre é un ácido e o bicarbonato un alcalino. Ao xuntase forman dióxido de carbono, que é a escuma loca que sae ao mezclalos. Este gas do que xa faláramos, incha o noso globo sen necesidade de soplarlle. Sobre este experimento, o alumando de Educación Secundaria do Club de Ciencias, creou un tríptico para darlle difusión á mesma: Unhas fotos do proceso: Os n...